Running Oleiros 1, co 1 de líderes de Mixto Adultos

Oct 13, 2022

Conta con nove puntos de renda sobre SHOWRUNNERS CAS a falta de dúas probas de Coruña Corre

Con dúas carreiras por diante no Circuíto Coruña Corre, a clasificación de Mixto Adultos empeza a definirse e Running Oleiros 1 chega á parte final da tempada con nove puntos de renda sobre o segundo clasificado, SHOWRUNNERS CAS.

Os líderes completaron catro das cinco probas do curso cun total de dezaseis carreiras individuais e dez puntos acumulados.

A nove puntos sitúanse SHOWRUNNERS CAS, que participaron nas cinco etapas que transcorreron de Coruña Corre.

No terceiro caixón do podio están CompisCas 6*, a só catro puntos da prata e con dez de marxe respecto ao cuarto, EU QUE SE, que completaron, como o segundo clasificado, as cinco carreiras.