A ludoteca acompañará a carreira do Ventorrillo

Oct 14, 2022

As persoas que participen na penúltima proba do Circuíto Coruña Corre e que vaian facer uso deste servizo, dispoñen de prazo ata o martes 18 ás 23:59 horas para solicitalo

Coruña Corre fomenta o deporte, a actividade física, os hábitos saudables e axuda a concilialo coa vida familiar.

Con ese propósito, o Concello da Coruña ofrece ás persoas corredoras o servizo de ludoteca en cada carreira do circuíto de carreiras populares, un espazo onde haberá monitores que se encargarán do coidado e atención dos e péquelas da casa.

No caso da proba que se celebrará o domingo 23 de outubro no Ventorrillo, quen se inscribiu na carreira e queiran facer uso da ludoteca deben solicitar o servizo antes do martes día 18 de outubro ás 23:59 horas.

Desde a organización, como nas carreiras anteriores, enviaráselles un correo electrónico e tamén se lanzará unha notificación a través da aplicación oficial para que as persoas interesadas confirmen a utilización da ludoteca, que estará operativa o día da carreira entre as 09:30 horas e as 12:00 e situarase no Polideportivo do Ventorrillo.