Revive o récord do Ventorrillo en imaxes

Nov 09, 2022

A penúltima proba apta para puntuar para Coruña Corre, adiada por unha borrasca, bateu o domingo pasado o seu récord de participación e agora podes revivila a través do vídeo da carreira e unha completa galería de fotos:

    Vídeo - VIII Carreira Popular do Ventorrillo
    Fotogaleria - VIII Carreira Popular do Ventorrillo

Máis de 1.300 persoas completaron a carreira o domingo pasado e, á espera da seguinte, dispós das imaxes fixas e en movemento para repasar o que deu de si o domingo deportivo no barrio do Ventorrillo.

Adxudicáronse a probra, en categoría absoluta, Facundo Medard e Mélanie Mariño, pero todas as persoas participantes poden sentirse gañadoras.

Lembra que a seguinte cita será o 27 de novembro en Novo Mesoiro e o prazo de inscrición está aberto.

Ademais, esta edición de Coruña Corre contará cunha proba extra, aínda que non apta para acadar puntos para o circuíto, que se correrá en decembro co gallo dos 50 anos do CHUAC