Álvaro Presedo e Uxía Rodríguez chegan líderes á última cita

Nov 11, 2022

Coruña Corre acabará en decembro co 'bonus track' do CHUAC, pero Novo Mesoiro será a última proba puntuable este mes

Só queda unha carreira puntuable en Coruña Corre e os distintos campionatos individuais estarán en xogo en Novo Mesoiro, onde Álvaro Presedo e Uxía Rodríguez defenderán os seus liderados na categoría absoluta.

Despois da proba do Ventorrillo, só un punto separa ao líder da clasificación masculina respecto ao segundo, Abdelaziz Fatihi, con Álvaro Martín máis descolgado na carreira polo título con 13 puntos, cinco máis que os que suma Presedo.

En mulleres, lidera Uxía Rodríguez con 297 puntos, 27 menos que os que acumula Nerea Sánchez. Nati García completa o podio provisional con 344.

A sub-18 encabézana Juan Cañizo e Alejandra Gómez; a sub-16, Paula Vázquez e Juan Bouzón; a sub-14, Alba Morais e Adrián Paz; a sub-12, Lucía Ageitos e Hugo Oubel; e a sub-10, Hugo Cordal e Sara Zuluaga.

A inscrición para participar na proba de Novo Mesoiro está aberta e xa se apuntaron máis de 1.000 persoas.