Como inscribirse?

Para participar no circuíto debes inscribirte en cada carreira individual, tendo en conta que para entrar na clasificación final do circuíto será obrigatorio finalizar polo menos 5 das probas e, no caso de finalizar máis de 5, descartaranse automaticamente os peores resultados.
Para inscribirte nunha carreira podes despregar o menú "eventos" desta web, seleccionar en cal queres inscribirte, e facelo desde a nova páxina que se abrirá, sempre que estea aberta a inscrición do evento. O habitual é que só estea aberta a inscrición para a carreira máis próxima no tempo.