Protocolo COVID para a Carreira de Matogrande

Xan 20, 2022

O vindeiro domingo celebrarase a popular de Matogrande con medidas preventivas de seguridade sanitaria para as persoas participantes

Será obrigatorio que os atletas permanezan en todo momento coa máscarilla posta, mesmo durante a carreira

Condicións de participación (maiores de 12 anos)

Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible cumprir algunha das seguintes condicións:

  • Mostrar o certificado de vacinación COVID
  • Achega do certificado dunha PCR negativa (realizada nas anteriores 72 horas) ou test de antígenos negativo (realizado nas últimas 48 horas)
  • Certificado médico conforme superouse a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.

Unha destas tres condiciones deberá ser mostrada á organización no momento da recollida do dorsal.

A saída da carreira realizarase en quendas de ata 300 atletas simultaneamente cunha cadencia mínima entre quendas de 1 minuto. As persoas participantes deberán ter posta a máscara en todo momento, mesmo durante a celebración da carreira.

Condicións de participación para atletas ata a categoría Sub 14

Non será preciso nin o certificado de vacinación, nin o test de antígenos, nin o certificado médico conforme superouse a infección por COVID-19. A organización pedirá a entrega da Declaración Responsable na recollida de dorsais. Poden descargar o modelo de Declaración Responsable na seguinte ligazón: https://corunacorre.com/é/web/documentos/