Servizo de atención á infancia na Popular de Matogrande

Xan 20, 2022

Este ano impulsamos a conciliación entre actividade deportiva e familia e con ese obxectivo estableceuse para todas as carreiras do circuíto, empezando este fin de semana pola de Matogrande, un servizo de atención á infancia para os fillos dos corredores, vaian competir ou non posteriormente en carreiras de menores.

A gran inscrición tanto na carreira absoluta como nas carreiras de Pequenos, con máis de 200 corredores e corredoras na categoría dos máis novos, levou á organización para adoptar medidas de conciliación para os participantes.

Para a atención aos máis novos contarase con monitores titulados en tempo libre en número necesario para garantir unha cociente de 10 nenos/as por cada monitor. Por esta razón faise necesario coñecer previamente o número de solicitudes. Basta con contestar á comunicación que reciban desde a organización, dando resposta a se farán uso do servizo e, en caso afirmativo, indicando o nome e a idade do neno/a.

As nenas e nenos estarán nun espazo acoutado e valado, haberá listaxes dos mesmos e todos eles estarán perfectamente identificados. Así mesmo, implantaranse as medidas sanitarias necesarias para garantir a seguridade nas actividades lúdicas para os máis pequenos.