Abanico de servizos en Matogrande

Xan 21, 2022

Prestacións para os preto de 1.850 corredores e corredoras que están inscritos para a Popular de Matogrande do próximo domingo

A carreira de Matogrande, primeira cita do circuíto CoruñaCorre e que se celebrará este domingo no barrio coruñés, ofrecerá ás persoas participantes variados servizos para que poidan competir e gozar plenamente do día da carreira. As carreiras, desde a categoría Absoluta a Peques, terán saída e meta na Rúa Sebastián Martínez Risco (á beira do colexio Liceo A Paz).

Os dorsais poderanse recoller o sábado 22 de xaneiro de 11:00 a 20:30 h. e o domingo 23 de xaneiro ata unha hora antes da saída de cada carreira.

Grazas ao código QR que leva o dorsal, todos os runners poderán coñecer o seu crono ao finalizar a carreira.

Nesta carreira, como consecuencia dos protocolos sanitarios, vémonos na necesidade de suspender o servizo de roupeiro e duchas. Esperamos ofrecelos nas seguintes citas do circuíto Coruña Corre.

Ao final da proba, todos os corredores recibirán avituallamiento sólido, grazas á colaboración de Sanbrandán e Gadis, e líquido por cortesía de Coca Cola.

Todos os corredores da categoría "Peques" recibirán unha medalla conmemorativa só por participar na proba. Debido ao gran número de corredores da categoría de Peques "", nacidos en ano 2015 e posteriores, estableceranse tantas quendas de saída como sexan necesarias. As persoas participantes nesta categoría esperarán en caixóns de saída pechados e controlados por monitores ata o momento no que serán conducidos á liña de saída.

Desde as 9.30 ata as 12.30 horas haberá un servizo de atención á infancia para os fillos dos corredores, vaian competir ou non posteriormente nas carreiras de menores.

A entrega de premios terá lugar ao redor das 13.00 horas no palco situado na zona interior cuberta do Colexio Liceo A Paz.

Son os servizos que se merecen os case 1.850 runners inscritos na carreira, os grandes protagonistas do próximo domingo.