Volta coas súas mellores imaxes á carreira popular Matogrande

Xan 25, 2022

Xa están dispoñibles nas nosas galerías as mellores fotos da VI edición da carreira popular de Matogrande, primeira cita do IX Circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Ofrecémosvos a oportunidade de revivir a vosa participación con este recordo, mentres xa preparamos os nosos teleobxetivos para a próxima carreira da Torre de Hércules.

A sexta proba do circuíto municipal de carreiras populares Coruña Corre ofreceunos a oportunidade de gozar dun trazado que discorreu polo barrio de Matogrande e polo campus da Universidade de Elviña.

Esta cita brindounos imaxes que nos permiten volver facer presentes os distintos momentos da carreira. Todas elas xa están dispoñibles nas galerías da web de carreiras populares e ao dispor de todos os participantes, que poden buscarse nas fotos e lembrar as sensacións do pasado domingo.

Esta proba marcou o inicio do IX circuíto Coruña Corre. Será necesario ter a man as zapatillas, porque a próxima carreira do circuíto, a nocturna da Torre de Hércules o 26 de marzo, xa está próxima. Xa podes acceder á  galería de imaxes da carreira.