Vídeo oficial da Carreira de Matogrande, que marcou o inicio do noveno Coruña Corre

Xan 26, 2022

O pasado 23 de xaneiro deuse o pistoletazo de saída da novena edición do Coruña Corre. Matogrande acolleu a súa carreira popular e convidámosvos a gozar co vídeo oficial e rememorar as sensacións vividas durante a carreira.

O 23 de xaneiro foi a data da VI Carreira Popular de Matogrande, punto de partida do circuíto municipal de carreiras populares. Alí estivo, do mesmo xeito que en anteriores citas, o equipo de imaxe para producir e editar un vídeo que nos permitirá revivir a carreira.

Non pode haber mellor testemuña do que foi o inicio do circuíto Coruña Corre cun novo récord de inscrición. Ademais de seleccionar as mellores imaxes da proba, poderedes gozar dalgúns dos grandes momentos dunha mañá que congregou por centos de atletas no barrio coruñés.

Acceda a través desta ligazón ao vídeo da carreira.