As carreiras de Peques... ¡son grandes!

Mai 04, 2022

Desde a organización téntase que desfruten destas probas e os seus inicios no atletismo

O Circuito Coruña Corre reunirá o vindeiro domingo na XIII Baixada Popular Cros San Pedro de Visma a preto de 300 nenos e nenas que afrontan as súas primeiras experiencias no atletismo popular. Naceron de 2015 en diante e forman parte da categoría Peques.

O Concello da Coruña, como organizador deste evento, tenta que estas probas sexan para os seus protagonistas un día de festa e diversión e cada detalle cóidase ao máximo.

O protocolo comeza coa recollida do dorsal, momento no que se entregan dúas pulseiras identificativas por rexistrado. Unha, para o/a menor e outra para quen lle vaia a recoller na liña de meta. Ambas as co nome da persoa que lles asistirá na chegada.

A proba, co circuíto valado, desenvólvese por quendas, empezando polo ano 2015.
Recoméndase evitar a zona de entrega dos/das peques ata que sexa a súa quenda. Poden aproveitar eses momentos para ver outras carreiras e comprender como son estas probas. O disparo de saída dáse con canóns de confeti para xerar un ambiente festivo.

Só os/as máis pequenos/as poderán correr acompañados dun adulto, unha opción dispoñible para quen teña algunha necesidade especial. Nese caso, hai que comunicala previamente.

Unha medalla espéralles tras cruzar o arco de meta e o avituallamiento. Despois, reencontraranse coa persoa con que comparten pulseira.

É un día divertido, unha experiencia positiva. Pode pasar que a algún peque non lle apeteza correr. Se iso sucede, o mellor é non obrigarlles, que non se converta nunha experiencia frustrante. Terán máis oportunidades en Coruña Corre, onde as persoas menores de 18 anos teñen inscrición gratuíta!