Servizos da Baixada de San Pedro de Visma

Mai 05, 2022

As máis de 1.400 persoas que se inscribiron na terceira proba de Coruña Corre o vindeiro domingo terán á súa disposición gardarroupa, duchas e ludoteca

A XIII Baixada Popular Cross San Pedro de Visma dispoñerá de varios servizos para as máis de 1.400 persoas que se inscribiron á proba, a terceira do Circuito Coruña Corre 2022, unha das máis esixentes polo seu trazado.

O vindeiro domingo, día da carreira, habilitarase o servizo de gardarroupa con horario de 09:30 a 13:00 horas no Centro Cívico de San Pedro de Visma.

Tamén se dispuxo o servizo de duchas para os e as deportistas que compitan na carreira e que estará situado no Polideportivo dos Rosales entre as 11:00 e as 14:00 horas.

Para axudar á conciliación, preparouse a ludoteca, un servizo que as persoas participantes puideron solicitar con antelación (ata o martes 3 ás 23:59 horas) para deixar aos/as peques. O seu horario será de 10:00 a 12:30 horas. Dez minutos despois, ás 12:40, está previsto o inicio das carreiras para quen nacese desde o ano 2015.

Os e as deportistas poderán repoñer forzas no avituallamento, que contará cun botello de auga xentileza de Coca-Cola, un boliño de pan con pebidas de chocolate de Sanbrandan e unha barriña enerxética que achega Gadis.

Lembrade que está á vosa disposición a APP do circuíto coa información de cada proba, percorridos, resultados e moito máis en https://corunacorre.com/gl/web/mobile/