Mai 06, 2022
Máis de 1.400 persoas están apuntadas na terceira proba do Circuito Coruña Corre, que comezará ás 10:30 horas
Os dorsais que levarán o domingo, 8 de maio, as máis de 1.400 persoas que se apuntaron á décimo terceira edición da Baixada Popular Cross San Pedro de Visma estarán á súa disposición este sábado, véspera da terceira proba do Circuito Coruña Corre.
O Centro Cívico de San Pedro de Visma entregará os dorsais desde as 11:00 horas ás 20:30 horas. Excepcionalmente, tamén estarán dispoñibles o día da carreira ata unha hora antes do comezo de cada proba.
Lembra que quen dispoña do dorsal para todo o Circuito Coruña Corre non teñen que pasar a retiralo.
O código QR que incorporan os dorsais permitirá comprobar os resultados ao instante. Ademais, a aplicación de Coruña Corre tamén incorpora os tempos, percorridos e información de cada evento do circuíto e podes descargala en https://corunacorre.com/gl/web/mobile/.
Para o control de tempos, as persoas participantes deben levar posto o chip, que terá que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas, nunha tobillera ou pegado ao dorsal, en función do dispositivo que se utilice.
A entrega de premios está prevista ás 13:00 horas no palco que estará situado na zona de meta, na contorna do Centro Cívico de San Pedro de Visma.