Afeccións de tráfico pola Baixada Popular de San Pedro de Visma

Mai 06, 2022

Produciranse varios cortes na zona de Visma o domingo entre as 8 e as 14 horas que tamén afectarán as liñas de autobús 3 e 3A

O domingo 8 de maio celébrase a terceira proba do Circuito Coruña Corre, a Baixada Popular de San Pedro de Visma, e produciranse algúns cortes de tráfico para garantir a seguridade das persoas participantes e a circulación de vehículos.

Desde as 08:00 horas ata as 14:00 horas, cortarase a rúa San Pedro de Visma desde a Igrexa ata a nova glorieta que dá acceso á subida cara ao Parque de  Bens. Ademais, suprimirase o estacionamento en ambas as marxes para a montaxe do arco de saída e meta.

Entre as 10:00 horas e as 13:00 horas, efectuarase o peche total do circuíto e, en consecuencia, non poderán circular vehículos na DP-3003 desde San Pedro de Visma ata o cruzamento co Centro Municipal de Animais de Compañía.

Nesa mesma franxa horaria ampliarase o corte da rúa San Pedro de Visma ata a glorieta de Catro Ventos (Baixada ao  Portiño), salvo para residentes. Igualmente, cortarase a rúa Pedreiras e desviarase o tráfico cara á rúa Río, con acceso para residentes.

Os cortes afectan as liñas de autobuses 3 e 3A, que poderán entrar ata a nova glorieta de Visma ata as 10:00 horas, mentres que desde esa hora ata as 14:00, darán volta na glorieta de Catro Ventos.

O dispositivo de tráfico levará a cabo co dobre obxectivo de que a proba se desenvolva en condicións de seguridade para as persoas participantes na carreira e causar os menores contratempos posibles ao tráfico rodado.