Los Rosales espérate cun amplo abanico de servizos

Mai 19, 2022

Os dorsais para a proba estarán dispoñibles o sábado, véspera da competición, de 11:00 horas a 20:30 no Polideportivo Municipal dos Rosales

Cada carreira do Circuito Coruña Corre está acompañada dun amplo abanico de servizos para as persoas participantes. A do próximo domingo, 22 de maio, nos Rosales non é unha excepción.

Para empezar, a recollida dos dorsais. Lembra que se dispós do dorsal para todo o Circuito de Coruña Corre non tes que pasar a retiralo. Para os que só se apuntaron a esta proba, a cuarta da tempada, estarán á súa disposición o sábado, véspera da competición, de 11:00 horas a 20:30 no Polideportivo Municipal dos Rosales. Excepcionalmente, tamén se entregarán nesa mesma localización ata unha hora antes do comezo de cada unha das carreiras.

O código  QR que incorporan os dorsais permitirá comprobar os resultados ao instante. Ademais, a aplicación de Coruña Corre tamén incorpora os tempos, percorridos e información de cada evento do circuíto e podes descargala en https://corunacorre.com/gl/web/mobile/.

A saída e a meta estarán na rúa Manuel Azaña, próxima á Praza Elíptica. A proba absoluta comezará ás 10:30 horas e ás 11:30 producirase o peche de control. A partir das 11:35 están programadas as carreiras de menores e desde as 13:00 horas, as de Peques.
O servizo de duchas habilitarase no Polideportivo Municipal dos Rosales de 11:00 horas a 13:30 e o de gardarroupa, nese mesmo emprazamento, de 09:30 a 12:30.

Desde as 10:00 horas e ata as 12:30, dispoñerase do servizo de ludoteca, con reserva previa, para conciliar deporte e familia (aquí tes máis información  https://corunacorre.com/gl/web/noticias/308/).

Os e as deportistas poderán repoñer forzas no  avituallamiento, que contará cun botello de auga xentileza de Coca-Cola, un boliño de pan con pebidas de chocolate de  Sanbrandan e unha  barrita enerxética que achega Gadis.

E se ademais de participar e facer deporte consegues acabar nas primeiras posicións, ten en conta que a entrega de premios terá lugar ás 13:30 horas no palco situado na zona de saída e meta. Ademais, lembra que na categoría Peques hai medalla por participar.