Anxo Castro e Noelia Papín triunfan nos Rosales

Mai 23, 2022

A cuarta proba do circuíto Coruña Corre levou o atletismo popular ao barrio dos Rosales con máis de 1.500 rexistrados

Anxo Castro e Noelia Papín triunfaron na cuarta proba do Circuito Coruña Corre, que este domingo desembarcou no barrio dos Rosales.

Máis de 1.500 deportistas inscribíronse a esta carreira, que tivo un percorrido próximo aos 6,5 quilómetros, con boa parte del polo Paseo Marítimo entre a zona de Labañou e o Portiño. A meteoroloxía respectou toda a xornada.

Na competición absoluta, Anxo Castro, do Vicky Foods Athletics, impúxose cun tempo neto de 20:11 e un ritmo de 3:09 por quilómetro.

Á cita co podio non faltaron dous dos habituais: Abdelaziz Fatihi, que sumou un novo segundo posto (21:03 de tempo neto), e Álvaro Presedo, do Club Marineda Atlético e gañador da proba de San Pedro de Visma, que acabou no terceiro caixón (21:27).

Outro dos nomes propios desta edición de Coruña Corre, Álvaro Marín, foi cuarto, tamén por baixo dos 22 minutos.

As irmás  Papín, do Club Atletismo Sada, protagonizaron a categoría feminina e ocuparon dúas dos tres caixóns do podio. Noelia adxudicouse a proba cun tempo neto inferior aos 26 minutos (25:59), cun ritmo de pouco máis de catro minutos por quilómetro.

A pouco uns quince segundos cruzaron a meta  Penélope Martínez (26:14 de tempo neto), do Tríatlon Arteixo, e Inés  Papín (26:20).

David Murado dominou a categoría  sub-18 en mozos, aínda que Iago Prada, sub-16, mellorou o seu tempo, e Alba Pena foi a gañadora sub-16 con mellor crono que Susana Amor, quen se adxudicou a clasificación sub-18.

Lida Balseiro e Pablo Vázquez triunfaron en sub-14; Lucía Ageitos e Jeyden Jael Silva gañaron en  sub-12, e Lucía Gundín e Hugo Cordal, en sub-10.

Á carreira sumouse a concelleira de Deportes do Concello da Coruña, Mónica Martínez, que deu o pistoletazo de saída da proba absoluta e, posteriormente, uniuse ao grupo como parte dos Marines Enki.