“A xente dos barrios” fotografíase nos Rosales

Mai 25, 2022

Antes da pausa estival de Coruña Corre, máis de 1.500 persoas desfrutaron da cuarta entrega deste circuíto de carreiras popular

“A xente dos barrios” corre na Coruña e deixa instantáneas para o recordo. Imaxes que reflicten o esforzo, a constancia, a superación e a satisfacción que implica correr polas rúas da cidade.

O domingo, o escenario foi o barrio dos Rosales cun percorrido que incluíu, ademais, na carreira absoluta, un bo tramo do Paseo Marítimo entre a zona de Labañou e o Portiño.

Coruña Corre tómase a súa pausa estival despois dos catro primeiros eventos, polo que tes tres meses para repasar as imaxes que foi deixando a competición. Así, a espera farase máis curta.

Preparámoste unha amplía galería de fotos dos Rosales e lembra que tamén podes botarlle unha ollada ás das tres primeiras probas: Matogrande, a Torre de Hércules e San Pedro de Visma. A meta é desfrutar.