Set 02, 2022
A quinta entrega de Coruña Corre afronta as últimas horas do seu período de inscrición con xa case 1000 participantes.
Despois das vacacións de verán, Coruña Corre está de regreso e, se non o fixeches xa, dispós de prazo ata o domingo 4 de setembro ás 23:59 horas para apuntarte á quinta proba do circuíto que percorre os barrios da cidade.
A Volta a Oza espérate o domingo 11 de setembro pola mañá co punto de encontro no Parque de San Diego, onde estarán situadas a saída e a meta.
Lembra que as inscricións son gratuítas para os menores de 18 anos co obxectivo de promocionar o deporte e os hábitos saudables entre os máis novos. Na categoría absoluta, a cota de inscrición é de tres euros se non che abonaches ao circuíto.
Para confirmar a túa presenza na Volta a Oza, pica nesta ligazón: https://corunacorre.com/web/evento/2237/