A familia Soto Viñas e o CEIP Ramón da Sagra, líderes a falta de dúas carreiras

Out 13, 2022

Despois de cinco etapas do Circuíto Coruña Corre, o centro Ramón da Sagra conta con vinte puntos de renda sobre o Compañía de María na clasificación colexial, mentres que o xeral familiar está moito máis igualada, con só dous puntos entre a primeira e segunda unidade

O Circuíto Coruña Corre enfila a recta final da edición de 2022 co CEIP Ramón da Sagra como líder destacado en centros educativos despois de cinco carreiras disputadas e a familia Soto Viñas á fronte da clasificación familiar, que está moi aberta cando quedan dúas probas para a conclusión da tempada.

O CEIP Ramón da Sagra atópase á fronte da clasificación colexial coa contribución de Inés Pena, Rafael Palla, Noreia Vales, Simón Pena, Martín Álvarez, Nerea González, Martiño Vales, Carmen Díaz, Álvaro Díaz, Martín Rego, Martina Barreiro, Mencía Rego, Lucas Darriba, Valentina Darriba, Irea Rodríguez, Manuel Couce, Brais Darriba, Elia Darriba, Silvia Couce, Uxía Rodríguez e Julia Rodríguez.

Suman 57 puntos, vinte máis que o CPR Compañía de María. O CEIP María Pita completa o podio provisional con 35 puntos, a dous da prata e con cinco de marxe sobre o cuarto, o CEIP San Francisco Xabier.

Con Rebeca e Alba como protagonistas, a familia Soto Viñas completou catro das cinco probas que se celebraron de Coruña Corre e lidera a clasificación xeral familiar con 3,50 puntos.

Cinco menos suman os seus perseguidores máis próximos: as familias Gómez Sueiras, integrada por Francisco e Antón, e Sánchez Marcos, con Lorenzo e Guillermo.

Entre quen conta con cinco carreiras disputadas na edición actual de Coruña Corre sobresae a familia Fernández Díaz, con Marta, Rocío, Emilio e Pablo, que acumula 16,50 puntos.