Out 20, 2022
A previsión de fortes refachos de vento á hora en que estaba prevista a carreira do próximo domingo, 23 de outubro, no Ventorrillo obrigou a organización a aprazar esta proba do Circuíto Coruña Corre, que pasa ao 6 de novembro.
O vento poderá alcanzar valores máximos de 80 quilómetros por hora entre as 09:00 e as 15:00 horas do domingo e a xornada deportiva estaba programada entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Ademais, espéranse precipitacións e chuvascadas frecuentes durante toda a mañá da xornada dominical.
Pola seguridade das persoas participantes, público e o persoal que se encarga da montaxe e desmontaxe da carreira, o Concello da Coruña, como organizador da proba e seguindo as recomendacións á vista da previsión meteorolóxica, decidiu que a penúltima cita de Coruña Corre pase ao domingo 6 de novembro.