Running Oleiros, os Soto Viñas e o Ramón de la Sagra lideran o circuíto

Nov 17, 2022

O final de Coruña Corre achégase e repasamos as clasificacións antes da última proba puntuable, que se realizará o 27 de novembro en Novo Mesoiro.

Con máis de 1.400 persoas inscritas e o prazo para apuntarse aínda aberto (ata o domingo 20 de novembro ás 23.59 horas), a última proba de Coruña Corre, en Novo Mesoiro, o domingo 27, promete ser emocionante.

Running Oleiros 1 lidera a clasificación en equipos mixtos con quince puntos e catro probas disputadas das seis que se realizaron.

Avantaxan en once puntos a Showrunners CAS, que participaron en cinco carreiras, e completan o podio CompisCas 6*, tamén con cinco probas completadas e 32 puntos.

A cuarta posición é para "Yo que sé", que son os únicos que participaron en todas as carreiras do circuíto.

Os Soto Viñas encabezan a clasificación de familias con 4.50 puntos e cinco probas completadas. Tras eles, marchan os Zuluaga Díaz (11 puntos) e os Gómez Sueiras (12.50). Os Villar Pérez, con 25.17 puntos, van sextos e son os primeiros entre os que participaron nas seis probas.

En centros educativos, o CEIP Ramón de la Sagra está á fronte con 61 puntos, quince máis que o CPR Compañía de María. O CEIP María Pita, con 35 puntos e o CEIP San Francisco Javier, con 31, compiten polo bronce.