Mai 03, 2023
As máis de 1.900 persoas que se inscribiron á segunda proba de Coruña Corre o vindeiro domingo terán á súa disposición gardarroupa e duchas.
A XIV Baixada Popular Cros San Pedro de Visma dispoñerá de varios servizos para as máis de 1.900 persoas que se inscribiron á proba, a segunda do Circuíto Coruña Corre 2023, unha das máis esixentes polo seu trazado.
O vindeiro domingo, día da carreira, habilitarase o servizo de gardarroupa con horario de 09:30 a 13:00 horas no Centro Cívico de San Pedro de Visma.
Tamén se dispuxo o servizo de duchas para os e as deportistas que compitan na carreira e que estará situado no Polideportivo de Labañou entre as 10:30 e as 13:00 horas.
Os e as deportistas poderán repoñer forzas no avituallamento, que contará cun botello de auga, xentileza de Coca-Cola, un boliño de pan con pebidas de chocolate de Sanbrandan e unha barriña enerxética que achega Gadis.
Lembrade que está á vosa disposición a APP do circuíto coa información de cada proba, percorridos, resultados e moito máis en https://corunacorre.com/gl/web/mobile/