Os dorsais para "subir" a Baixada de Visma estarán dispoñibles o sábado

Mai 03, 2023

Os dorsais que levarán o domingo, 7 de maio, as máis de 1.900 persoas que se apuntaron á décimo cuarta edición da Baixada Popular Cros San Pedro de Visma estarán á súa disposición este sábado 6 de maio, véspera da segunda proba do Circuito Coruña Corre.

O Centro Cívico de San Pedro de Visma entregará os dorsais o sabado 6 de maio desde as 11:00 horas ás 20:30 horas. Excepcionalmente, tamén estarán dispoñibles o día da carreira ata unha hora antes do comezo de cada proba.

Lembra que quen dispoña do dorsal para todo o Circuito Coruña Corre non teñen que pasar a retiralo.

O código QR que incorporan os dorsais permitirá comprobar os resultados ao instante. Ademais, a aplicación de Coruña Corre tamén incorpora os tempos, percorridos e información de cada evento do circuíto e podes descargala en https://corunacorre.com/gl/web/mobile/.

Para o control de tempos, as persoas participantes deben levar posto o chip, que terá que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas, nunha tobillera ou pegado ao dorsal, en función do dispositivo que se utilice.

A entrega de premios está prevista ás 12:30 horas no palco que estará situado na zona de meta, na contorna do Centro Cívico de San Pedro de Visma.