Xuñ 23, 2023
A carreira de Matogrande, primeira cita do circuíto CoruñaCorre e que se celebrará este domingo no barrio coruñés, ofrecerá ás persoas participantes variados servizos para que poidan competir e gozar plenamente do día da carreira. As carreiras, desde a categoría Absoluta a Peques, terán saída e meta na Rúa Sebastián Martínez Risco (á beira do colexio Liceo A Paz).
Os dorsais poderanse recoller o domingo 25 de xuño ata unha hora antes da saída de cada carreira.
Grazas ao código QR que leva o dorsal, todos os runners poderán coñecer o seu crono ao finalizar a carreira.
Nesta carreira, o servizo de roupeiro e duchas estarán dispoñibles no Colexio Liceo A Paz, o servizo de duchas de 10:30 a 12:00 h e o de roupeiro de 9:00 a 12:00 h
Ao final da proba, todos os corredores recibirán avituallamiento sólido, grazas á colaboración de Sanbrandán e Gadis, e líquido por cortesía de Coca Cola.
Todos os corredores da categoría "Peques" recibirán unha medalla conmemorativa só por participar na proba. Debido ao gran número de corredores da categoría de Peques "", nacidos en ano 2016 e posteriores, estableceranse tantas quendas de saída como sexan necesarias. As persoas participantes nesta categoría esperarán en caixóns de saída pechados e controlados por monitores ata o momento no que serán conducidos á liña de saída.
A entrega de premios terá lugar ao redor das 12.30 horas, condicionada este horairo pola participación na categoria de peques no palco situado na zona interior cuberta do Colexio Liceo A Paz.
Son os servizos que se merecen os máis de 2000 runners inscritos na carreira, os grandes protagonistas do próximo domingo.